Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia y realizar tareas de analítica. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies
0 votos
--

Divina de la muerte. Asasinato no centro comercial

Leopoldo Pardo, vixilante de seguridade no centro comercial dunha cidade pequena, quere demostrar ó mundo que serve para algo máis que para indicar ás señoras como localizar os cuartos de baño.
A súa oportunidade xorde cando atopa a unha fermosa dependenta da tenda de roupa máis prestixiosa do lugar morta en circunstancias estrañas.
Decide, entón, resolver a morte da rapaza no menor tempo posible para poñer sobre a mesa todo canto el vale.

Jorge Emilio Bóveda (Ourense 1975)

Escritor e mestre de inglés no ensino público. Logo de autoeditar seus nove primeiros libros comezou o seu camiño no mundo literario no 2010 coa novela A vila das ánimas (Toxosoutos), á que seguiron A habitación secreta (Toxosoutos) e os ensaios A xanela escura: tres arquetipos de terror na cinema (Urco 2011) e A xanela insólita: historia reducida da ficción científica literaria (Urco 2013).
Ofrece agora esta novela curta homenaxeando por unha banda aos mestres literarios clásicos do razoamanto dedutivo e particularmente a aqueles abnegados escritores de bolsilibros das décadas dos cincuenta e sesenta no estado español, como Curtis Garland ou Keith Luger.
  • ISBN 9788415782469
  • Nº PÁGS 90
  • AÑO 2013
  • EDITORIAL Enxebrebooks

Citas de Divina de la muerte. Asasinato no centro comercial

Libro sin citas Añadir cita

Críticas para este libro

Libro sin críticas


SUGERENCIAS