Usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia y realizar tareas de analítica. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies
2 votos
8

A esmorga

A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a novela máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.
  • ISBN 9788482887395
  • Nº PÁGS 120
  • AÑO 2008
  • EDITORIAL Galaxia

Citas de A esmorga

Libro sin citas Añadir cita

Críticas para este libro

Libro sin críticas


SUGERENCIAS